magmática

PERFORMANCE, CULTURA E TECNOLOXÍA

magmática é o espazo que o Proxecto Le.es dedica á actualidade das relacións entre a arte de performance e o progreso tecnolóxico, así como, nun senso máis amplo e expandido, ás conexións entre performatividade, prácticas socioestéticas e tecnoloxía.

Co obxectivo de contribuír á reflexión crítica e creativa en torno á performance como modelo de coñecemento, magmática atende especialmente aqueles procesos culturais e artísticos cuxa conexión íntima co público e o tecnolóxico fornece novas formas de pensar e transformar as condicións éticas, estéticas e políticas que se derivan en Europa desta que algúns deron en chamar post-democracia.

Coordinan: Andrea Álvarez Pino e María López Suárez.
magmaticaproxectole.es@gmail.com

Deixa unha resposta