Liveness. 1º Encontro Internacional de Artes Performáticas e Tecnoloxía

imaxe tomada da web oficial do Encontro
Vén de pecharse Liveness: prótesis, gesto y metáfora, o I Encuentro Internacional de Artes Performáticas y Tecnología, que tivo lugar os días 25, 26 e 27 de abril en CENART (Centro Nacional de las Artes), México D.F. Os eventos, talleres e mesas redondas puideron presenciarse en vivo a través das retransmisións en streaming de Cenart TV.
A cía catalana Kònic Thtr. participou con Before the Beep (Antes do sinal), un espectáculo de danza-performance que ao tempo se presenta como unha instalación interactiva que permite a intervención do público de maneira presencial e remota.Imaxe pertencente ao espazo web da compañía
Liveness: prótesis, gesto y metáfora é un encontro curado por Minerva Hernández Trejo e Myriam Beutelspacher, do grupo Translab, dentro do Programa de Investigación y Experimentación en Arte y Tecnología do MediaLab do CENART, de Ciudad de México.

Máis información en Roberta Bosco e Stefano Caldana, “Madrugadas de cuerpos y performance desde México”, El País, blogs tecnología.

Financiación colectiva Unpack./

Unha idea de alg-a lab. A comunidade de artistas chama a participar na financiación colectiva da iniciativa Unpack./ Rutas interactivas en un coche equipado con sensores.

“Un vehículo equipado con un sistema interactivo que genera una arquitectura sonora dependiendo de la situación geográfica y del comportamiento de sus ocupantes. El trayecto, nocturno, propone una inmersión sensible y poética en el campo de las percepciones”

podedes ver o vídeo promocional en http://vimeo.com/33224611
.

Máis información na web de Verkami, plataforma de crowdfunding para proxectos creativos.

Chámalle X


A oitava edición das Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Chámalle X, céntrase nos sons emitidos polo corpo (palabra, berro, fricción, música ou salouco…)

Participan:

Martes 8
20:00. Devuison. Berio Molina. Na Sala X
Mércores 9:
19:00. e Kant-arte e mecerte do meu. anananananaí. Na Sala X
20:00. País convidado: Marrocos. O meu corpo entre as túas mans, o mundo entre as túas mans. Othman Fekraoui. (En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
Xoves 10
11:30. País convidado: Marrocos. Arte en Marrocos hoxe. Mesa redonda con Othman Fekraoui, Omar Saadoune e Karim Kharbaoui. Na Sala X
13:00. País convidado: Marrocos. Degage. Omar Saadoune
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
18:30. Ouveo interminable. Sabela Peinado Casal. Na Sala X
19:30: País convidado: Marrocos. Crenzas. Karim Kharbaoui
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
20:30. Palabras-paisaxes a 3000 voces. Belen Chorén. Na Sala X
Venres 11
20:00: Nyam, nyam. Lucía Peiro. (En co-producción co MARCO,Vigo). No Panóptico do Museo MARCO, Vigo.