Presenza Activa: ciclo de performance + instalación no MARCO de Vigo

Do 9 ao 11 de febreiro O MARCO de Vigo inaugura Presenza Activa. Acción, obxecto e público

O ciclo de performance * instalación comisariado por Sergio Edelsztein e Kathleen Forde abordará o diálogo entre ambas formas de presenza e relación e contará coas intervencións de creador*s de ámbito internacional.

Velaquí o programa das sesións inaugurais.

Para ampliar información, “La ‘performance’, estrella del año artístico en Galicia”, El País, Galicia, 27 /01/ 2012

Chámalle X


A oitava edición das Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Chámalle X, céntrase nos sons emitidos polo corpo (palabra, berro, fricción, música ou salouco…)

Participan:

Martes 8
20:00. Devuison. Berio Molina. Na Sala X
Mércores 9:
19:00. e Kant-arte e mecerte do meu. anananananaí. Na Sala X
20:00. País convidado: Marrocos. O meu corpo entre as túas mans, o mundo entre as túas mans. Othman Fekraoui. (En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
Xoves 10
11:30. País convidado: Marrocos. Arte en Marrocos hoxe. Mesa redonda con Othman Fekraoui, Omar Saadoune e Karim Kharbaoui. Na Sala X
13:00. País convidado: Marrocos. Degage. Omar Saadoune
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
18:30. Ouveo interminable. Sabela Peinado Casal. Na Sala X
19:30: País convidado: Marrocos. Crenzas. Karim Kharbaoui
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
20:30. Palabras-paisaxes a 3000 voces. Belen Chorén. Na Sala X
Venres 11
20:00: Nyam, nyam. Lucía Peiro. (En co-producción co MARCO,Vigo). No Panóptico do Museo MARCO, Vigo.