ELAS FAN TECH / Presentación de M-ARTECH PLATFORM con Francesca Mereu en NORMAL

En relación con Elas Fan Tech (NORMAL Espazo de intervención cultural. Universidade da Coruña 21 xaneiro – 9 marzo), mañá 5 de marzo ás 19:30 hs. Francesca Mereu, fundadora da iniciativa, presenta a M-ARTECH PLATFORM, plataforma tecnolóxica de interconexión entre Mulleres, Arte, Ciencia e Tecnoloxía.

M-Artech defínese como unha rede de interconexións entre mulleres activas no ámbito social, político, artístico e tecnolóxico. Pretende conectar a artistas e investigadoras/es que traballan en arte, ciencia e tecnoloxía, fomentando o diálogo e a divulgación das súas obras e coñecementos. Persegue crear comunidade a través da organización de ciclos de encontro, charlas, debates, obradoiros, exposicións e do uso dunha plataforma Web como medio tecnolóxico de conexión e difusión. Nesa liña, foi creado un arquivo en liña para o intercambio de investigacións, ensaios e traballos entre artistas, científicas/os e grupos de investigación tecnolóxica.

Francesca Mereu é artista e investigadora de arte dixital. É coordinadora do grupo experimental de visualización avanzada VLAB 4D. Traballou no Medialab-Prado, enfocando as súas investigacións a proxectos que conectan arte e tecnoloxía: hologramas, espazos 3D, realidades inmersivas…

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

ELAS FAN TECH

do 21 de xaneiro ao 9 de marzo en NORMAL:

ELAS FAN TECH reúne unha serie de artistas españolas e internacionais que veñen explorando as posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos na súa obra. A exposición inclúe varias actividades nas que a presenza feminina nas novas tecnoloxías afírmase con potencia e rotundidade.

ELAS FAN TECH reúne unha serie de artistas españolas e internacionais que veñen explorando as posibilidades expresivas dos medios tecnolóxicos na súa obra. Aprópianse desa ferramenta, tradicionalmente considerada masculina, para abordar diferentes posicionamentos conceptuais e romper estereotipos. 12 artistas que entrecruzan o factor lúdico co científico, o humor coa fantasía ou a política, mesturando estética e ciencia en múltiples medios dixitais. Exposición, performance, obradoiros e conferencias, en que a presenza feminina nas novas tecnoloxías afírmase con potencia e rotundidade. O proxecto xurde da colaboración con M-Artech, plataforma de mulleres, arte e tecnoloxía.

Artistas e programa de actividades relacionadas en http://istoenormal.org/gl/exposicions/elas-fan-tech

Chámalle X


A oitava edición das Xornadas de Arte de Acción da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Chámalle X, céntrase nos sons emitidos polo corpo (palabra, berro, fricción, música ou salouco…)

Participan:

Martes 8
20:00. Devuison. Berio Molina. Na Sala X
Mércores 9:
19:00. e Kant-arte e mecerte do meu. anananananaí. Na Sala X
20:00. País convidado: Marrocos. O meu corpo entre as túas mans, o mundo entre as túas mans. Othman Fekraoui. (En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
Xoves 10
11:30. País convidado: Marrocos. Arte en Marrocos hoxe. Mesa redonda con Othman Fekraoui, Omar Saadoune e Karim Kharbaoui. Na Sala X
13:00. País convidado: Marrocos. Degage. Omar Saadoune
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
18:30. Ouveo interminable. Sabela Peinado Casal. Na Sala X
19:30: País convidado: Marrocos. Crenzas. Karim Kharbaoui
(En co-producción con Acción MAD, Madrid). Na Sala X
20:30. Palabras-paisaxes a 3000 voces. Belen Chorén. Na Sala X
Venres 11
20:00: Nyam, nyam. Lucía Peiro. (En co-producción co MARCO,Vigo). No Panóptico do Museo MARCO, Vigo.